17 jun 2013

Actividades paralelas ao Running Por Dereito. Exhibición de cetrería

Hoxe mesmo acaban de confirmarnos unha colaboración moi especial que poderedes admirar na praia do Vao durante o sábado día 6 de xullo, unha exhición e exposición de marabillosas aves rapaces da man dunha familia de cetreiros veciños da comarca. Traerán mais de dez aves que permanecerán alí o sábado e que farán algunha exhibición das súas habilidades coa axuda dos seus adiestradores.


Unha razón mais para virnos visitar!!

Temos que darlles públicamente as gracias á Librería Nova de Dena por ofrecernos esta fantástica oportunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario. En breve darémosche unha resposta!
Esperámoste os días 1 e 2 de setembro en Cambados!